Logo de MercaMadeira

Benvido a

Logo con texto que pone MercaMadeira

Punto de encontro para compravenda de madeira en Galicia

acceda na plataforma

De profesional a profesional

Imagen 1 mostrando troncos cortados en el suelo

A plataforma Mercamadeira conecta de forma eficiente e transparente aos profesionais do sector madeireiro para a poxa de lotes de madeira.

É gratuíto darse de alta na plataforma e tampouco é necesario realizar depósitos previos. Os custes técnicos de xestión desta plataforma son asumidos unicamente polo adxudicatario do lote.

As ofertas realízanse de forma encriptada, polo que ninguén, salvo o propio comprador pode ver as súas ofertas, ata que finalice a poxa.

Se queres comprar madeira, rexístrate para acceder a todas as vantaxes que ofrece a plataforma.

rexistro ofertantes
Imagen 1 mostrando troncos cortados en el suelo
Imagen 2 mostrando troncos cortados en el suelo

Vende a túa madeira con nós

Se tes madeira para vender podes beneficiarte das vantaxes que ofrece a plataforma.

Facilidade de venda do lote de madeira garantido un prezo base mínimo co que abrir a poxa, acorde co valor de mercado e coa conformidade do propietario.

Identificación en campo dos límites e especies obxecto de venda e estimación da cantidade e calidade da madeira por un técnico forestal.

Acceso a unha ampla base de compradores que operan en todo o territorio galego.

É de uso gratuíto para o propietario. Os custes dos traballos técnicos de participación da poxa serán repercutidos ao adxudicatario do lote de madeira.

Garantía de cumprimento dos condicionantes legais (redacción de contrato, pregos de condición técnicas e económicas...)

Rexístrate a través do seguinte formulario e un técnico porase en breve en contacto contigo.

Imagen 2 mostrando troncos cortados en el suelo
Contacto Vendedores

Calcula o importe de poxa

O importe será asumido polo adxudicatario do lote e inclúe os seguintes traballos: identificación en campo dos límites, elaboración da planimetría dixital, taxación da madeira, preparación de documentación para poxar a través da plataforma mercamadeira (datos legais, pregos de condicións técnicas e económicas xerais e particulares) e unha vez poxada e adxudicado a redacción do contrato de compravenda.

Icono bloc de notas Resultados

Para ver o importe dos custos técnicos, encha o formulario.

Icono carpeta vacía
Interésache? Déixanos os teus datos e poñémonos en contacto contigo
No caso que só queiras coñecer o valor da túa madeira, sen facer a poxa, déixanosos datos aquí, e darémosche un presuposto para taxar a madeira.

Ferramenta de Xestión técnica

Se es técnico e queres utilizar esta plataforma para xestionar a venta dun lote de madeira solicítanos información.

As vantaxes as que accederas son: facilidade na posta a venda do lote na modalidade que consideres, acceso a modelos de documentos contractuais, integración co sistema FORTRA, facilidade na xestión da solicitude de autorización, espazo propio para seguimento do proceso de aproveitamento con acceso compartido nos perfís de técnico/comprador/propietario, no que disporás de toda a documentación xerada no proceso, poderás anexar fotografías, anotar incidencias, automatización de alertas de remate de prazos, proceso de comunicación final e solicitude de prórroga para o comprador...

Imagen 3 mostrando troncos cortados de frente
contacto técnicos
Imagen 3 mostrando troncos cortados de frente

Que é Mercamadeira

Mercamadeira é unha iniciativa que nace do sector da enxeñería forestal para a modernización da xestión de venta da madeira dos montes de Galicia.

O noso obxectivo é conseguir que esta plataforma serva de punto de encontro para conectar a propietarios forestais e compradores, establecendo un sistema eficiente, áxil e transparente de compravenda da madeira mediante poxas que pon en valor os recursos forestais do territorio.

Formada por técnicos cunha ampla experiencia no sector, que imprimen profesionalidade aos procesos de venda dos produtos dos nosos montes, xerando un entorno intuitivo e visual, que axiliza e facilita o traballo de compradores a través do emprego tan só dun ordenador ou teléfono móbil. En función das ofertas remitidas a plataforma emprega un sistema automático e cifrado para seleccionar a mellor oferta, e comunicando instantaneamente aos participantes o resultado da poxa, garantindo desta forma a máxima transparencia na venda da madeira.

Preténdese así, que Mercamadeira sexa unha ferramenta útil que ofrece unha trazabilidade tanto no proceso de compravenda mediante poxa, como despois da adxudicación, establecéndose un espazo compartido con acceso a documentación xerada no proceso así como diferentes funcionalidades que facilitan a xestión administrativa de execución do aproveitamento.

Imagen mostrando un bosque

Cómo funciona

  1. Ilustración silueta hombre con bosque de fondo

    1.

    Un propietario forestal interesado en vender a súa madeira ponse en contacto coa plataforma.

  2. Ilustración silueta hombre con bosque, troncos de madera y dron de fondo

    2.

    Os técnicos de Mercamadeira fan a valoración do lote de madeira e preparan a documentación necesaria (Características, pregos de condicións económicas e técnicas, planimetría).

  3. Ilustración pantalla ordenador indicando puja con bosque y troncos de madera de fondo

    3.

    Os ofertantes poxan polo lote e adxudícase provisionalmente á mellor oferta realizada segundo as condicións establecidas.

  4. Ilustración con firma de contrato, transporte de troncos de madera y bosque de fondo

    4.

    Redáctase o contrato de compravenda xunto coa documentación elaborada no proceso de poxa.

Consulta as nosas ofertas de venda de compensación de carbono

Adquire créditos de carbono certificados, xerados a través de proxectos de redución e captura de CO2 rigorosamente verificado polo Ministerio de Transición Ecolóxica.

Interésalle? contacte connosco aquí

Contactar

Consulta os proxectos na seguinte ligazón

Logo del Ministerio para la transición ecológica y el reto demográfico
Persona de pie junto a un árbol